jueves, 11 de noviembre de 2010

ACTIVIDADE 6: NOME E LOGOTIPO DA TÚA EMPRESA

Chegou o momento de decidir o nome da vosa empresa.
Nesta actividade ides intentar buscar o NOME COMERCIAL da vosa empresa, e deseñaredes un LOGO que vos identifique.

Lede o seguinte dossier e contestade ás  preguntas antes de poñervos en marcha:
Elección do nome comercial 
  •  Resume brevemente os consellos que da o experto, e que debemos  ter en conta á  hora de elixir o nome da nosa empresa
  • Escribe na túa entrada polo menos 5 dos trucos que se dan no artigo para decidir o noso nome
Unha vez rematado é o momento de crear  un NOME que sexa ORIXINAL e atractivo, que capte a atención dos vosos clientes potenciaIs e que vos distinga da competencia.

Crearedes tamén o LOGO. Podedes diseñalo vos mesmos ou utilizar algunha das ferramentas de creación de logos que hai na rede. Deixovos unha no seguinte enlace

No hay comentarios:

Publicar un comentario