l
Escolle unha das ofertas de emprego que escolliches nos exercicios anteriores e redacta unha carta de presentación
Partes dunha carta de presentación:
1. Encabezado. Na marxe esquerda superior pon os teus datos persoais. Na marxe dereita superior o nome e datos sobre a empresa que oferte o emprego e debaixo a data.
2. Saúdo Inicial.
3. Primeiro Parágrafo. Menciona a fonte de información. Coida ó máximo a forma, se directo e escribe en primeira persoa. Nunha autocandidatura, demostrálles que coñeces a súa empresa.
4.Segundo Parágrafo. Xustifica porqué es idóneo para o posto. Amosa seguridade, pero non excesiva confianza. No caso da autocandidatura, aclara de que queres traballar e nomea os aspectos do teu curriculum e da túa personalidade relacionados co posto.
5. Terceiro Parágrafo. Deixa claro o teu interese polo posto de traballo e o desexo de obter unha entrevista ou resposta.
6. Despedida.Ten que ser correcta e sinxela.
Non esquezas...
Valora o positivo da túa personalidade e sinala as características significativas ou puntos fortes polos que te consideras beneficioso para a empresa.Resalta aspectos ou calidades que se axusten o posto.Diríxea a unha persoa concreta.Non repitas información que xa está escrita no teu curriculum. Personaliza a carta na medida do posible, debes evitar que se produza no lector a sensación de atoparse ante unha carta tipo fabricada en serie.
RECURSOS EN INTERNET

No hay comentarios:
Publicar un comentario